27 Marzo 2008
Seguindo coa miña política de análise de noticias relacionadas cos medios de comunicación, hoxe comentarei a seguinte noticia: Zimbabue impide á CNN cubrir as súas eleccións presidenciais e parlamentarias. O primeiro, enlázovos a noticia para que poidades informarvos mellor sobre o tema.
A noticia resultoume bastante rechamante, xa que para o meu ver sería positivo que unha gran canle con recoñecemento internacional como é a CNN cubrise as eleccións de calquer país, sexa africano ou non. Pero claro, isto sería positivo sempre que non haxa algo que esconder ou non exista temor de que alguén descubra "cousas" que nos afectarían no proceso electoral e no resultado final das urnas. O que quero dicir é que esta prohibición seguramente ven dada por este temor á que algún grupo informativo descubra certas violacións dos dereitos humanos, que son moi comúns nestes países. Hai que recordar que xa nas eleccións do 2001, o actual presidente de Zimbabue, Robert Mugabe foi sancionado pola UE e polos EEUU pola violación dos dereitos humanos.

Outra situación que me leva a pensar que hai interese dos políticos neste sentido, é que a prohibición non só se producíu para a CNN, se non tamén para ITV e SKY. Gustaríame que aproveitaramos este post para reflexionar sobre o papel dos medios de comunicación en países con situacións delicadas como pode ser Zimbabue.
servido por struklaka
6 comentarios
compártelo
26 Marzo 2008
Hoxe vou facer un post sobre blogs relacionados coa miña temática, é dicir, sobre blogs que traten os medios de comunicación. Para elixir os blogs pensei en dúas opcións: elixir blogs de persoas con máis experiencia ou elixir blogs de compañeiros da clase que están comezando coma min. Finalmente, decidinme por esta segunda opción e os blogs que consultei para facer este post son: akire08, prensabasura e diariodeunespantapajaros.
A elección destes blogs débese a razóns sinxelas: tratan temas similares a min como pode ser medios de comunicación actuales, sociedad (diariodeunespantapajaros), política (akire08) e deportes (prensabasura).
Estes tres blogs están clasificados na temática de medios de comunicación, pero polo que eu vexo dous deles están claramente dirixidos a un sector: o político na caso de akire08 e o deportivo no caso de prensabasura. Esta é a razón polo que me gustan estes blogs, porque tratan temas que a min me gustan moito. Así, akire08 é un blog moi interesante que servíu para seguir dende a óptica dos medios de comunicación a campaña electoral e o resultado final. Por outra parte, prensabasura é un dos blogs que máis consultei eu para informarme dun dos meus temas preferidos: o xornalismo deportivo (recoméndovos ese blog para os que estedes interesados en descubrir as grandes falsedades plantexadas polos xornais deportivos, especialmente o Marca). E en canto a diariodeunespantajaros parece ser que tratará noticias relacionadas cos medios de comunicación e coa sociedade, que ven sendo máis ou menos ao que eu me adico.
Saúdos a todos, espero que vos gustase o post de hoxe.
servido por struklaka
4 comentarios
compártelo
22 Marzo 2008
Este post será o último, salgo grandes sorpresas, que lle adicarei aos comentaristas de fútbol. En moitos dos vosos comentarios falastes sobre a calidade dos propios xornalistas e eu comprometinme a tratar ese tema; pois ben, chegou o día.
En primeiro lugar, o primeiro que se debe destacar (desgraciadamente) é a baixa calidade do xornalismo deportivo en xeral. En canto á retransmisión dos partidos, isto é unha constante. Hoxe por hoxe, creo que se contan cos dedos dunha man os xornalistas deportivos que realmente melloran a calidade dunha retransmisión. A maioría non teñen a formación suficiente para ofrecernos uns comentarios dos que aprender algo. Por desgraza, o que abunda son os xornalistas que nin tan sequera coñecen aos xogadores que están no campo.
Na miña crítica ás retransmisións dos xornalistas, refírome aos que realmente prentenden informar do transcurso dos partidos, e polo tanto deixo fora deste grupo ao famoso Señor Montes, que evidentemente se adica máis a outro tipo de espectáculo que non pretende información deportiva algunha.
Realmente, creo que as canles televisivas cando deciden retransmitir un partido, deberían amosar máis tino á hora de elixir os seus locutores, xa que isto repercute nas audiencias. Non sei que se vos ocorre a vos para mellorar a calidade nestas retransmisións, pero creo que existe unha clara falta de profesionalidade no sector do xornalismo deportivo.
En canto á obxectividade dos árbitros, tema que propuxo Sara Freire Santa Cruz nun dos seus comentarios, debo dicir que sería un tema case imposible de abordar, xa que a cantidade de comentarios diverxentes que provocaría sería difícil de controlar. De todos xeitos, gustaríame que pinchasedes aquí para ver máis información sobre este tema (prestade especial atención á parte da preparación psicolóxica dos árbitros). Saúdos
servido por struklaka
3 comentarios
compártelo
12 Marzo 2008
A BBC deu luz onte, 12 de marzo, a unha nova canle en árabe que nace coa función de competir con Al-Jazeera. Os dirixentes da compañía británica teñen pensado chegar arredor de 100 millóns de espectadores.

Hai que recordar que en 1994 a BBC xa creara unha canle en árabe, pero non acadou éxito e finalmente decidíu abandonar as emisións. A volta ás emisións ven precedido, logo, por un claro espírito de desquite, aínda que a propia BBC sabe que non será tan sinxelo como hai 14 anos, xa que agora existe competencia, e ademais é variada, respetada e de gran éxito.
Desde que a qatarí Al-Jazeera irrompese no mercado audiovisual en 1996 competindo con xigantes da talla da CNN ou a propia BBC aínda que en lingua árabe, as canles informativas árabes multiplicáronse: en 2003 unírionse Ao Arabiya, e o iraniano Ao Alam, e en 2007 sumáronse o francés France 24 Arabic, o libanés Future News e o ruso Rusiya ao Yaum TV. Iso non desmotiva aos responsables do recentemente ´resucitado` BBC Arabic, que conta cun orzamento menor comparado con algunhas das canles mencionadas: apenas 25 millóns de euros nun primeiro período no que emitirán 12 horas de información diarias e 33 millóns de euros cando, previsiblemente antes de 2009,o faga as 24 horas do día. O obxectivo é captar 20 millóns de espectadores semanais de aquí a 2010, de forma que os outros servizos en lingua árabe (a súa páxina web, cun millón de visitas mensuais, e a súa emisora de radio, creada en 1998 e con 13 millóns de oíntes) lle proporcionen un total de 35 millóns de ususarios.
No entanto, esas canles antes mencionadas non ven á BBC como competidora,se non que a ven como algo positivo que consolida o mundo audiovisual e ofrece máis dunha opción ao telespectador árabe.
Personalmente, comparto máis a opinión expresada polas canles árabes, aínda que non creo que o obxectivo principal da BBC sexa a de mellorar a calidadde audiovisual no mundo árabe, se non que intentará, ben seguro, acaparar o mercado e controlar as emisións de outras canles que se verán forzadas a realizar modificacións para non perder audiencia.
Para ver a noticia enteira, pinchade aquí. Que opinades vos sobre esta noticia?
servido por struklaka
4 comentarios
compártelo
5 Marzo 2008
En vista do considerable éxito acadado pola anterior post, decidín volver a tratar este tema nun novo artigo. Así que alá vai.
Estou de acordo nos comentarios que din que os ex-futbolistas poden axudar nas retransmisións comentando as súas experiencias. Iso é certo, e a verdade non teño argumentos para rebatilo. O que non vexo tan xusto é que a retransmisión sexa case exclusivamente a cargo destes. Quizais o mellor sexa seguir o camiño de retransmisión mixta, como moitos de vos comentastes. Pero neste caso, o número de ex-futbolistas por partido debería ser sempre un, e a poder ser unha persoa que realmente aportase algo novo á narración. Nesta dirección, debo recoñecer que non me gusta que os locutores sexa xente que xogou nalgún dos equipos retransmitidos ese día. Gustaríame saber que opinades vos acerca disto.
Por último, volvo a reivindicar a miña opinión en dúas cousas: que non se siga a desprestixiar a labor dos xornalistas e que os encargados da retransmisión sexan sempre españois por unha simple razón, que comento agora mesmo. Cando ves un partido, queres estar centrado totalmente no xogo e o único que pides é que che complementen o teu punto de vista sobre unha xogada con outros puntos de vista. Se necesitas gastar parte desa concentración en entender ao locutor, a retransmisión do partido perde eficacia. Recordade as claves de retransmisión: alto, claro e lento.
Espero que a vosa participación sexa tan alta coma no primeiro post relacionado con este tema.
P.D. Con relación á profesionalidade e calidade dos propios xornalistas comentado por delaisi e javier69maga69, falarei en vindeiros posts. Era un tema que xa tiña pensado tratar e que visto o voso interese por él, sen dúbida que será tratado. Saúdos
servido por struklaka
12 comentarios
compártelo
28 Febrero 2008
Hoxe quero facer un artigo sobre os comentaristas que retransmiten os partidos de fútbol ou simplemente, os comentan en programas deportivos.
O primeiro que quero criticar é que, cada vez máis, os canais contratan a ex-futbolistas para retransmitir partidos. En certo punto, iso é unha cousa lóxica, xa que imaxino, axudará a aumentar as audiencias. Pero eu creo que se debería contratar a xente estudada, aos profesionais da materia. Porque os xornalistas deportivos teñen moi poucas posibilidades de acceder ao mercado laboral no seu ámbito, xa que está ocupado por xente que non estudou para iso. Ademáis, o que me parece aínda máis degradante é que a mioría deses comentaristas son estranxeiros. Eu non teño problema contra iso, para ben nos favorecía máis, contratar xente española.
Unha das consecuencias desta situación é a baixa calidade que teñen as retransmisións. Se unha persoa está interesada en escoitar bos comentarios sobre fútbol mentres ve o partido, vaino ter realmente difícil. Porque é xente que non está preparada, e que na maioría dos casos só adican os seus comentarios a cousas exteriores ó partido. Creo que non fai falta dar nomes.
Bueno, hoxe vouno deixar aquí. Agora é o voso turno, espero os vosos comentarios para intercambiar opinións. Non terei ningún problema en adicarlle moito máis tempo e máis posts a este tema. Saúdos
servido por struklaka
10 comentarios
compártelo
27 Febrero 2008
Neste novo post, imos seguir co noso análise de noticias e neste caso eliximos a noticia publicada no mundo.es referida á creación dunha rede europea de radios. A inciativa corresponde a RFI e DEUTSCHE WELLE e de momento esta rede está composta por 16 emisoras de 13 países, que abarcan 10 linguas. A única española é Punto Radio, que se une a radios belgas, francesas, búlgaras, checas, portuguesas e húngaras.
O principal problema que atopa a iniciativa é a escasa colaboración dos gobernos neste proxecto; xa vimos como no debate electoral do luns ningún dos dous candidatos mencionou para nada os seus proxectos europeos. Será que non os teñen?
As emisoras estarán controlados pola Comisión, ca fin de asegurarse de que o diñeiro dos contribuíntes "estea ben gastado". Dentro de cinco anos, decidírase se se continua coa financiación da rede ou non. Tal vez, para as eeccións do 2012, surtise algún efecto en España.
A miña opinión respecto a esta nova é que me parece interesante, pero dúbido moito que teña éxito, xa que até agora os proxectos europeos sempre fracasan estrepitosamente. Ademais, estraname moito que Francia colabore con este proxecto despois de rexeitar á Constitución, aínda que o proxecto da rede europea non pretende interconectar a Europa como o facía a Constitución.
Pois ben, esta é a noticia que escollín hoxe para comentar. Que vos parece? Que opinades?
servido por struklaka
5 comentarios
compártelo
25 Febrero 2008
Se consultamos a
noticia publicada no portal ELMUNDO.ES na sección de comunicación sobre o debate de hoxe, atoparemos algúns datos certamente impactantes.
En canto á audiencia, os expertos din o debate será visto, polo menos, por 12 millóns de persoas de audiencia media. En España somos actualmente 45 millóns de habitantes e calcúlase que 7 de cada 10 espectadores sintonizarán hoxe algún dos canais que emitarán o cara á cara.
Outro aspecto destacable, é os poucos minutos de publicidade que interrumpirán o debate. Por iso, rompendo as tarifas fixas, estes anuncios pagáranse 'a posteriori' e en función da audiencia obtida. As prediccións aseguran que o segundo de publicidade no debate electoral rondará s 1.250€.
O último aspecto que quero destacar é a gran cobertura que recibirá o evento. Máis de 29 televisións xa confirmaron que emitirán a sinal. Emitirán televisións xeralistas ( La1, Cuatro, La Sexta); Televisión Digital Terrestre (TDT) e tamén en televisións locais. Algunhas destas televisións emitirán un especial previo eposterior ó debate. O acontecemento estará cuberto por máis de 400 profesionales. Incluso a prensa internacional mostrou certo interés no evento, como foron Notimex, o canal alemán ARD, a televisión italiana RAI, a Radio e Televisión de Portugal (RTP), Associated Press, Reuters, France Presse ou a Televisión de Austria.
No cómputo xeral, considero que todos estes datos son moi interesantes, polo tanto espero algún comentario voso opinando. Un saúdo
servido por struklaka
7 comentarios
compártelo