Hoxe vou deixar un pouco de lado o debate das televisións tradicionais e por internet e voume centrar nunha notica que lin no portal elmundo.es que me pareceu moi interesante, sobre todo, porque está directamente relacionada coa miña titulación.

A noticia ven dicindo que Europa lle dá un ultimátum a España para que reduzca a publicidade. O límite europeo está fixado en 12 minutos nun intérvalo de 60, é dicir, só 12 minutos por cada hora de retransmisión. Evidentemente, España supera en todas as canles esa cifra.

Fotos de Javier Pons (directos de TVE), Daniel Pérez Calvo (director de comunicación de A3) y Pedro Piqueras (director de informativos de telecinco).

Non sei cal é a media exacta do tempo adicado á publicidade nas canles españolas, pero ben seguro é maior ca 12 minutos. Isto pódese entender porque a publicidade xera un gran cantidade de ingresos para os propias canles e, por extensión, para o Estado. Pero creo que se existe unha normativa, debe cumprirse, e máis no caso de España, que xa fora instada anteriormente a reducir os minutos de publicidade.

Pois ben, gustaríame saber que opinades sobre esta noticia, e quero aproveitar este post, para crear un debate: credes que é excesiva a cantidade de publicidade que se emite nas canles españolas? Ou pola contra, parécevos escasa? Eu sinceramente, creo que é excesiva na maioría dos casos. Un saúdo. Espero as vosas opinións