A televisión por Internet consolídase
Voulle adicar outro novo post á televisión por Internet. A importancia de Internet hoxe en día e moi alta, e é un tema que lle interesa a todo o mundo, e especialmente, aos futuros comunicadores deste país, ou sexa, nós.
Lede a noticia que vos deixo enlazada, porque me parece realmente interesante e aporta datos concretos que poden parecer sorprendentes, pero que é a realidade pura, o que hoxe está ocorrendo.
Que é preferible: votar unha hora vendo a tv tradicional ou votar unha hora vendo o programa ou vídeo que che apetece en internet, en calquera das múltiples páxinas que nos ofrecen esa oportunidade, ou sen ir máis lonxe, en youtube. Pois basicamente sobre isto trata a noticia enlazada.

Como vos dixestes nos vosos comentarios, a tv por internet é moi práctica para ver partidos, programas que non puideches ver na tv tradicional debido aos horarios, canles estranxeiras, etc.
Pois ben, a televisión por Internet consolídase, e actualmente é o medio número un á hora de informarse e tamén, á hora de buscar momentos de ocio. Que opinades?











TaMaRa dijo
Ola!!!!pos aki deixo o meu comentario!!!!prometo q a partir de agora me pasarei mais amenudo!!!
Respecto a televisión por internet claro q e moito mais cómoda!!!ves os programas q keiras a ora q keiras...dend logo a tecnoloxia cada vez avanza mais rápido!!!!!
Eña bikos!!!!
9 Abril 2008 | 01:57 PM