A TV por internet afiánzase como alternativa ó modelo tradicional
Hoxe quero comentar unha noticia recollida no periódico dixital "El mundo" na súa sección de comunicación. A noticia fai referencia a preferencia cada vez máis clara que teñen os espectadores pola televisión en Internet fronte ao modelo tradicional. Deixovos enlazada a noticia para que vexades máis datos e informacións.
A elección desta noticia para comentar débese a que é un tema realmente interesante para o mundo da comunicación, que é o mundo que atañe as miñas preferencias. Está claro que para falar hoxe en día de comunicación, vémonos na obriga de mencionar o termo Internet. Por iso, quero comentar esta noticia que fala sobre este medio de comunicación, o de maior importancia na actualidade.
A televisión por Internet supón unha elección de contidos e unha flexibilidade en xeral, que lle proporcionan unha gran comodidade ao espectador e, polo tanto, conseguen un maior número de audiencia. As vantaxes que nos ofrece supoñen un gran pao para a televisión tradicional, que se verá na obriga de modificar o seu modelo para loitar polas audiencias.
Ocórresevos algo para que a televisión tradicional manteña altas audiencias? Realmente, teno moi difícil. Por outra banda, quero aproveitar esta noticia para abrir un debate no que vos comentedes sobre as vantaxes e inconvenientes que lle atopedes a Internet. Creo que pode ser moi interesante.
Para rematar, deixovos un video moi interesante sobre a televisión en Internet:






Javier dijo
moi boas amigo!!!
sen dubida tes toda a razon.a television tradicional esta perdendo toda a sua audiencia pouko a pouko.k facer?pois a verda e k non se me okorre nada.
eu particularmente vexo a television por internet.peo non vexo as canles normales.o uniko k a uso, e vexo de gran vantaxem e para ver os partidos k son por pago.a simple razon e k aforro cartos, e tempo.non implica baixar ata o bar ou comprar o partido.e vexo de gran utilidade, ainda k non sexa totalmente en directo de verdade, peo...o retraso e pouko.un par de minutos.asik....e 1 forma komoda e barata de ver 1 partido sen moverse da kasa.
jejeje
1 saudo amigo!
2 Abril 2008 | 04:37 PM