Zimbabue impide á CNN cubrir as súas eleccións presidenciais e parlamentarias
Seguindo coa miña política de análise de noticias relacionadas cos medios de comunicación, hoxe comentarei a seguinte noticia: Zimbabue impide á CNN cubrir as súas eleccións presidenciais e parlamentarias. O primeiro, enlázovos a noticia para que poidades informarvos mellor sobre o tema.
A noticia resultoume bastante rechamante, xa que para o meu ver sería positivo que unha gran canle con recoñecemento internacional como é a CNN cubrise as eleccións de calquer país, sexa africano ou non. Pero claro, isto sería positivo sempre que non haxa algo que esconder ou non exista temor de que alguén descubra "cousas" que nos afectarían no proceso electoral e no resultado final das urnas. O que quero dicir é que esta prohibición seguramente ven dada por este temor á que algún grupo informativo descubra certas violacións dos dereitos humanos, que son moi comúns nestes países. Hai que recordar que xa nas eleccións do 2001, o actual presidente de Zimbabue, Robert Mugabe foi sancionado pola UE e polos EEUU pola violación dos dereitos humanos.

Outra situación que me leva a pensar que hai interese dos políticos neste sentido, é que a prohibición non só se producíu para a CNN, se non tamén para ITV e SKY. Gustaríame que aproveitaramos este post para reflexionar sobre o papel dos medios de comunicación en países con situacións delicadas como pode ser Zimbabue.





enxebre dijo
Ola!
Eu penso, ó igual ca ti, que non lles interesa que interveñan medios alleos para que non se 'descubra o pastel'. Pero todos sabemos que o tema dos gobernos corruptos e da violación dos dereitos humanos, son un dos principais motivos de preocupación que fan que a estes países non lles interesen as intervencións externas para así seguir coa súa 'política', a pesar de que teñan un maior atraso debido a todo iso; pero bueno é un tema moi complexo polo que hai que seguir loitando para que, co paso do tempo se consega unha mellor situación.
Un saúdo.
29 Marzo 2008 | 02:03 PM