Este post será o último, salgo grandes sorpresas, que lle adicarei aos comentaristas de fútbol. En moitos dos vosos comentarios falastes sobre a calidade dos propios xornalistas e eu comprometinme a tratar ese tema; pois ben, chegou o día.
En primeiro lugar, o primeiro que se debe destacar (desgraciadamente) é a baixa calidade do xornalismo deportivo en xeral. En canto á retransmisión dos partidos, isto é unha constante. Hoxe por hoxe, creo que se contan cos dedos dunha man os xornalistas deportivos que realmente melloran a calidade dunha retransmisión. A maioría non teñen a formación suficiente para ofrecernos uns comentarios dos que aprender algo. Por desgraza, o que abunda son os xornalistas que nin tan sequera coñecen aos xogadores que están no campo.
Na miña crítica ás retransmisións dos xornalistas, refírome aos que realmente prentenden informar do transcurso dos partidos, e polo tanto deixo fora deste grupo ao famoso Señor Montes, que evidentemente se adica máis a outro tipo de espectáculo que non pretende información deportiva algunha.
Realmente, creo que as canles televisivas cando deciden retransmitir un partido, deberían amosar máis tino á hora de elixir os seus locutores, xa que isto repercute nas audiencias. Non sei que se vos ocorre a vos para mellorar a calidade nestas retransmisións, pero creo que existe unha clara falta de profesionalidade no sector do xornalismo deportivo.
En canto á obxectividade dos árbitros, tema que propuxo Sara Freire Santa Cruz nun dos seus comentarios, debo dicir que sería un tema case imposible de abordar, xa que a cantidade de comentarios diverxentes que provocaría sería difícil de controlar. De todos xeitos, gustaríame que pinchasedes aquí para ver máis información sobre este tema (prestade especial atención á parte da preparación psicolóxica dos árbitros). Saúdos

Creo que tes bastante razón na baixa calidade das retransmisións dos partidos nas canles de televisión. Eu o que fago e propoño a facelo é escoitar a radio, o "Carrusel Deportivo" da SER concretamente. O inconveniente é que a imaxe vai por detrás do son e ás veces che fastidia algunha xogada interesante. Pero creo que compensa porque cos da radio bótaste unhas risas.
Un saúdo!
bueno......estou aquí porque o prometido e deuda....e mira q son vaga..asique estou facendo o esforzo solo por tí!!!
alegroume bastante verte onte porque xa facía que non coincidiamos...espero que todo che este indo ben!e aer se nos vemos mais a menudo por ahi de festa para que me defendas de elementos como martínez :P
intentarei pasarme +veces por aqui!
bikiños
Moi boas!
bueno, decir k estou totalmente de acordo co teu articulo. e é k ai alguns locutores k deixan moito k desexar. non sei en k pensan as canles a hora de elexilos. supoño k buscan 1 maior atractivo para o publico, buscan espectaculo komo o Señor Montes, e todo para que?para obter mais audiencia. a miña opinion e k deberian de pensar 1 pouko k o k realmente importa e 1 informacion korrecta, locutores k teñan idea do asunto, k nos transmitan k saben do asunto.e non tanto espectakulo.
peo komo todos sabemos, a tele e asi....
1 saudo amigo!