Comentaristas de fútbol II
En vista do considerable éxito acadado pola anterior post, decidín volver a tratar este tema nun novo artigo. Así que alá vai.
Estou de acordo nos comentarios que din que os ex-futbolistas poden axudar nas retransmisións comentando as súas experiencias. Iso é certo, e a verdade non teño argumentos para rebatilo. O que non vexo tan xusto é que a retransmisión sexa case exclusivamente a cargo destes. Quizais o mellor sexa seguir o camiño de retransmisión mixta, como moitos de vos comentastes. Pero neste caso, o número de ex-futbolistas por partido debería ser sempre un, e a poder ser unha persoa que realmente aportase algo novo á narración. Nesta dirección, debo recoñecer que non me gusta que os locutores sexa xente que xogou nalgún dos equipos retransmitidos ese día. Gustaríame saber que opinades vos acerca disto.
Por último, volvo a reivindicar a miña opinión en dúas cousas: que non se siga a desprestixiar a labor dos xornalistas e que os encargados da retransmisión sexan sempre españois por unha simple razón, que comento agora mesmo. Cando ves un partido, queres estar centrado totalmente no xogo e o único que pides é que che complementen o teu punto de vista sobre unha xogada con outros puntos de vista. Se necesitas gastar parte desa concentración en entender ao locutor, a retransmisión do partido perde eficacia. Recordade as claves de retransmisión: alto, claro e lento.
Espero que a vosa participación sexa tan alta coma no primeiro post relacionado con este tema.
P.D. Con relación á profesionalidade e calidade dos propios xornalistas comentado por delaisi e javier69maga69, falarei en vindeiros posts. Era un tema que xa tiña pensado tratar e que visto o voso interese por él, sen dúbida que será tratado. Saúdos









fortes dijo
Eis...non che falta razón, creo que un ex-futbolista pode aportar bos comentarios acerca do xogo nun determinado encontro pero sempre debe ser un apoio aos verdadeiros comentaristas deportivos, é dicir aos profesionais da información, os periodistas deportivos, que ás veces tamén deberían corrixir algúns defectos pero iso xa son outras cousas. En canto a que o comentarista sexa un ex-xogador dun dos equipos que están a xogar pois é certo que posiblemente se decante nos seus comentarios aoseu favor, ou non, dependendo do trato que tivo nese equipo e dos seus sentimentos cara él, pois como ben sabes ás veces os futbolistas non rematan nun equipo do mellor xeito posible pero bueno. Ainda así, sexan profesionais da información ou non penso que a subxetividade dos comentarios se deixa ver moitas veces por parte duns e doutros, ainda que eles non se decaten.
Moi interesante...sigue por ahí...un saúdo
5 Marzo 2008 | 11:56 AM