Publicidad:
Terra
La Coctelera

Vídeo efectos especiais (FX)

Hoxe vou aparcar por un momento a temática xeral do blog, para deixarvos aquí o vídeo que fixemos no obradoiro de efectos especiais para cine e etelevisión, que se levou a cabo na facultade de ciencias sociais e da comunicación en Pontevedra. Desexo que vos guste.

Digamos que non é un contido académico, pero aquí trátase de comunicar...e por suposto, este vídeo é comunicación.

Como cargarse un blog

Hoxe vamos a realizar un post moi interesante que tratará un tema que pode chegar a ser moi divertido: como cargarse un blog. Aquí vamos a expoñer, pois, unha larga lista de cousas que nunca debes realizar se queres facer un bo blog. Polo tanto, tamén servirá de consulta a todas aquelas persoas que queiran elaborar o seu propio blog, xa que aquí propoñerémoslle claramente que é o que non debe facer.

-enlaces: se o que queres é facer un mal blog o que debes é non citar nunca as fontes orixinais dos enlaces que fagas.

-reproducción de conitdos: se copias contidos doutro sitio, xa sexa pa difundilos, comentalos, nin se che ocorra mencionar quen é o autor orixinal, porque isto podería darlle prestixio ó teu blog (lembra que estamos intentando facer o peor blog posíbel).

-citas específicas: por suposto, nunca utilices comillas se citas opinións de terceiras persoas. Para qué? Así poden até crer que a frase realmente é túa.

-estilo: nunca escollas un estilo persoal que te caracterice, o mellor é mesturar todos os estilos que che sexa posíbel, así ninguén se poderá fidelizar co teu blog.

Existen un montón de recomendacións a maiores das antes mencionadas para facer un mal blog. Iremos comentando algunha delas. Un método que che pode axudar bastante a facer un blog malo, é actualízalo máis ou menos cada dous meses. Isto de media, quérese dicir con isto que tanto podes tardar dous meses coma cinco, cantos máis días pasen, máis cerca estarás de acadar o teu obxectivo: ter un blog malísimo. Por suposto, nunca leas nin opines noutros blogs, ninguén ten que saber o que pensas ti, ademáis por qué vas ter que ler ti outros blogs se o que queres é que non che lean o teu? Pensa niso. Sempre axuda poñerse a facer os posts sen pensar, o mellor é que flúa a creatividade. E canto máis fales de temas que descoñezas, máis se rirán de ti, e máis fácil será que o teu blog teña o prestixio desexado: ningún. Ah! O dos enlaces explicado anteriormente vai por se non queres ter o peor blog, se o que persigues é o peor blog posíbel é indispensábel non enlazar nada: nin outros blogs, nin noticias, nin nada, e moito menos poñer imaxes, vídeos, faltaría máis!! E se algunha vez queres poñer algo do anteriormente mencionado, canto menos relacionado estea co tema, mellor, porque así será máis divertido.

Tamén debes poñer cores e tipografías que sexan pesados á hora de ler e visualizar. E claro, o título canto máis aburrido, mellor. Intenta cambiar en cada post de tema e a poder ser, publica pola noite e nunca pola mañá, que é cando máis xente entra nos blogs. Outros pasos importantes son: non incluír nunca o teu blog na firma do mail, non agregar o teu blog a ningunha páxina, non inscribirse en buscadores e nunca ler consellos sobre como mellorar o blog. Por suposto é de gran axuda escribir párrafos enormes como o que eu acabo de poñer neste post: todo é pouco para facerlle a lectura máis pesada ás nosas visitas. E claro, os posts canto máis largos mellor, así escribes un hoxe e olvídaste até dentro duns días. Pensa que se fas posts pequenos e amenos, é posíbel que te lea moita xente, e iso é incompatíbel con ter un blog malo.

Consellos máis básicos serían: non etiquetar os posts, non escribir nada no perfil, non poñer nunca unha cabeceira, non poñer contadores de visitas nin historias desas.

Bueno, é certo que se poden facer moitas máis cousas para ter un mal blog, pero iso xa é cuestión de profesionais na materia. Eu creo de corazón que se segues todos estes consellos, terás un blog lamentábel.

Como ben dixo alguén (lembrádevos de non poñer autor), POR EXCESO DE SABIDURÍA O SABIO VÓLVESE TONTO (lembrádevos de non poñer comillas).

E agora, a ver quen ten o valor de comentar neste post!!!! Un saúdo

Be internet my friend

Hoxe deixovos aquí un vídeo relacionado ca importancia de Internet. Mirádeo, porque realmente está ben. Que sirva de debate para falar sobre a importancia de Internet na sociedade actual, como espazo de traballo, ocio...

Espero as vosas opinións. Un saúdo

A Comisión Europea dálle un ultimátum a España para que reduza a publicidade

Hoxe vou deixar un pouco de lado o debate das televisións tradicionais e por internet e voume centrar nunha notica que lin no portal elmundo.es que me pareceu moi interesante, sobre todo, porque está directamente relacionada coa miña titulación.

A noticia ven dicindo que Europa lle dá un ultimátum a España para que reduzca a publicidade. O límite europeo está fixado en 12 minutos nun intérvalo de 60, é dicir, só 12 minutos por cada hora de retransmisión. Evidentemente, España supera en todas as canles esa cifra.

Fotos de Javier Pons (directos de TVE), Daniel Pérez Calvo (director de comunicación de A3) y Pedro Piqueras (director de informativos de telecinco).

Non sei cal é a media exacta do tempo adicado á publicidade nas canles españolas, pero ben seguro é maior ca 12 minutos. Isto pódese entender porque a publicidade xera un gran cantidade de ingresos para os propias canles e, por extensión, para o Estado. Pero creo que se existe unha normativa, debe cumprirse, e máis no caso de España, que xa fora instada anteriormente a reducir os minutos de publicidade.

Pois ben, gustaríame saber que opinades sobre esta noticia, e quero aproveitar este post, para crear un debate: credes que é excesiva a cantidade de publicidade que se emite nas canles españolas? Ou pola contra, parécevos escasa? Eu sinceramente, creo que é excesiva na maioría dos casos. Un saúdo. Espero as vosas opinións

Subindo música ó blog....

Seguimos...Tv internet-tv tradicional

Vamos a seguir aportando novas informacións sobre este "debate" tv internet-tv tradicional. Como vexo que é un tema de amplio interese, véxome na bendita obriga de seguir engadindo novas a este tema. Pero non quero comezar este post sen antes agradecervos a vosa colaboración a todos os que me comentastes nos posts anteriores relacionados con este tema.

Pois ben, a Tv por internet é xa unha realidade, non se pode considerar como ningún proxecto de futuro. Existen unha alta cantidade de canles que retransmiten por Internet mediante páxinas adicadas exclusivamente en retransmisións. Pero ben, non quero que interpretedes estes post como se houbese que escoller unha opción. Antes ben, o que pretendo é fomentar que unha combinación entre as dúas pode ser o que estamos esperando dos medios de comunicación. Mezclaríamos o directo e a tradición de esperar a esa hora para ver a nosa serie favorita, ca posibilidade de rememorar programas antigos que nos perdimos por diversos motivos, ou simplemente un programa actual que nos apetece volver ollear.

Pois ben, quero fomentar novos comentarios vosos respecto a este tema. Se credes que vai suplir a tv tradicional, se se van compatibilizar, ou se sorpresivamente, pode ser que nalgún momento a tv por internet sufra algún parón.

Se queredes consultar unha opinión interesante,non deixedes de ollear o seguinte video:

A televisión por Internet consolídase

Voulle adicar outro novo post á televisión por Internet. A importancia de Internet hoxe en día e moi alta, e é un tema que lle interesa a todo o mundo, e especialmente, aos futuros comunicadores deste país, ou sexa, nós.

Lede a noticia que vos deixo enlazada, porque me parece realmente interesante e aporta datos concretos que poden parecer sorprendentes, pero que é a realidade pura, o que hoxe está ocorrendo.

Que é preferible: votar unha hora vendo a tv tradicional ou votar unha hora vendo o programa ou vídeo que che apetece en internet, en calquera das múltiples páxinas que nos ofrecen esa oportunidade, ou sen ir máis lonxe, en youtube. Pois basicamente sobre isto trata a noticia enlazada.

Como vos dixestes nos vosos comentarios, a tv por internet é moi práctica para ver partidos, programas que non puideches ver na tv tradicional debido aos horarios, canles estranxeiras, etc.

Pois ben, a televisión por Internet consolídase, e actualmente é o medio número un á hora de informarse e tamén, á hora de buscar momentos de ocio. Que opinades?

A TV por internet afiánzase como alternativa ó modelo tradicional

Hoxe quero comentar unha noticia recollida no periódico dixital "El mundo" na súa sección de comunicación. A noticia fai referencia a preferencia cada vez máis clara que teñen os espectadores pola televisión en Internet fronte ao modelo tradicional. Deixovos enlazada a noticia para que vexades máis datos e informacións.

A elección desta noticia para comentar débese a que é un tema realmente interesante para o mundo da comunicación, que é o mundo que atañe as miñas preferencias. Está claro que para falar hoxe en día de comunicación, vémonos na obriga de mencionar o termo Internet. Por iso, quero comentar esta noticia que fala sobre este medio de comunicación, o de maior importancia na actualidade.

A televisión por Internet supón unha elección de contidos e unha flexibilidade en xeral, que lle proporcionan unha gran comodidade ao espectador e, polo tanto, conseguen un maior número de audiencia. As vantaxes que nos ofrece supoñen un gran pao para a televisión tradicional, que se verá na obriga de modificar o seu modelo para loitar polas audiencias.

Ocórresevos algo para que a televisión tradicional manteña altas audiencias? Realmente, teno moi difícil. Por outra banda, quero aproveitar esta noticia para abrir un debate no que vos comentedes sobre as vantaxes e inconvenientes que lle atopedes a Internet. Creo que pode ser moi interesante.

Para rematar, deixovos un video moi interesante sobre a televisión en Internet: